A dobre historia do doutor Valmy

Achádego Teatro nace no mes de outubro do ano 1988 co encargo de facer unha montaxe coa que celebrar o cuadraxésimo aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A obra escollida foi A dobre historia do doutor Valmy de Buero Vallejo, unha obra que pola súa temática achegaba ó público, dun xeito descarnado, á terrible experiencia da tortura.

A escenografía, baseada en módulos de madeira, representaba diversos ambientes: a consulta do doutor Valmy, a comisaría, a casa dun policía torturador... Logo da realización deste proxecto o grupo de persoas que o levaron adiante deciden formar un grupo estable de teatro afeccionado, así naceu Achádego.