Obras en cartel

As alegres comadres


Neste 2011 estamos a montar esta adaptación da peza de William Shakespeare As Alegres Comadres de Windsor´. Esta peza en cinco actos, unha das máis divertidas comedias de William Shakespeare foi escrita e estreada arredor do ano 1600.

As alegres comadres de Windsor, segundo a tradición foi unha comedia á medida e por un encargo feito a Shakespeare pola raíña Isabel I de Inglaterra, desexosa de ver nun lance amoroso a Sir John Falstaff –o Sancho Panza inglés- o alegre, excesivo e vital protagonista de Enrique IV.

Shakespeare partiu dunha comedia xa existente no repertorio da súa compañía. A Comedia do celoso, baseada nunha narración italiana . En varios dos seus personaxes quixo o autor caricaturizar a persoas realmente existentes no seu tempo.

A comedia ven tecida por dous motivos: os desatinos de Falstaff no seu intento de conquistar a dúas ricas burguesas de Windsor, e a loita de diversos pretendentes polo amor de Ana Page.



 O tren dos tres merliños

A través dunha historia máxica que xurde no mundo dos soños, e que serve de fío conductor da historia, xogamos co público, especialmente cos nenos e as nenas, a aqueles xogos que herdamos dos nosos pais e os nosos avós, para que non se rompa na xeración actual esta cadea de transmisión, xa que a nosa tradición lúdica é das máis ancestrais da Península Ibérica, e da importancia que estes materiais teñen par nós, ven a necesidade de preservalos e difundilos. 



O Divino Sainete

O Divino sainete, versión dramática deste magnífico poema de Curros Enríquez adaptado para a escena por Marica Campo, estreouse o pasado 1 de xuño no Teatro Rosalía da Coruña.
O traballo actoral mestúrase na escena con enormes monicreques e coas novas tecnoloxías.

“O divino sainete é un texto que, malia ter cento vinte anos, posúe a vixencia do momento en que foi escrito.
A adaptación desta obra a un formato teatral móvese no propósito de a achegar ao maior número posíbel de persoas e quere, asemade, ser unha homenaxe ao autor no centenario do seu pasamento.
No mes de outubro do ano 1988 a directora teatral Tareixa Campo recibe o encargo de facer unha montaxe coa que celebrar o cuadraxésimo aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A obra escollida foi A dobre historia do doutor Valmy de Buero Vallejo, unha obra que pola súa temática achegaba ó público, dun xeito descarnado, á terrible experiencia da tortura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario